O Concello de Vila de Cruces acordou no Pleno celebrado o día 17 de febreiro de 2014 a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O día 19 de maio de 2014 rematou o prazo para a presentación de alegacións.
Neste momento estase no proceso de resolución das alegacións e á espera e resolución dos informes solicitados a distintos organismos e institucións.
Indicar tamén que se suspende a concesión de licenzas que poidan entrar en conflicto entre as normas urbanísticas existentes e o novo PXOM.
Pode consultar o documento do PXOM aprobado inicialmente no seguinte enlace.
Aprobación inicial do PXOM
Mentras non se aprobe o PXOM estarán en vigor as Normas subsidiarias do Concello de Vila de Cruces, que pode consultar na páxina web do Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. No mesmo buscador, pulsar sobre o Concello de Vila de Cruces e atopará toda a información dispoñible.