Nesta sección vaise atopar información relativa á administración local.

Irase colocando información sobre urbanismo, os distintos bandos e avisos que emite o concello, axudas e premios que se convoquen, así como as ordeanzas municipais.

Tamén hai un apartado para a economía e facenda do concello, no que se poden atopar os informes trimestrais de morosidade, nos que se incluén as facturas pendentes de pago e as de máis de 3 meses sen obriga recoñecida.

E por último tamén se atopa nesta sección o perfil do contratante, onde se vai poñendo información de todos os procesos de contratación que faga o Concello de Vila de Cruces.