Natureza
Lugares de interese
Paisaxe
A comarca do Deza ofrece en xeral unha serie de recursos naturais, que lle proporcionan un alto atractivo paisaxístico. E así podemos falar en primeiro lugar das áreas recreativas e miradoiros, localizados preferentemente nas proximidades dos ríos Ulla, Deza, Toxa e Arnego, correspondentes ós municipios de Silleda, Vila de Cruces e Agolada; en Monte do Faro, do municipio de Rodeiro, e en Pena de Francia ubicado no municipio de Dozón.
Estas áreas son un apoio ó natural atractivo de lugares con singular beleza: fervenzas en A Toxa, insuas en Gres, praias fluviais en A Carixa, vistas panorámicas dende os montes citados, etc.
En segundo lugar cabe falar dos chamados espazos de interese natural e paisaxístico, que deben preservarse e nos que se poden establecer rutas de sendeirismo, paseos a cabalo ou en vehículos todo terreo. Son os do Coto de Zobra – Lebozán (bosque autóctono, refuxio de aves rapaces, fauna salvaxe, etc.), Serra do Faro, Monte Farelo, Pena de Francia, arredores do encoro de Portodemouros e bosques caducifolios do Val do Ulla.
O municipio de Vila de Cruces posúe un notable atractivo paisaxístico. Circundado por tres ríos: Ulla, Arnego e Deza, os seus 155 Km². de extensión simulan unha península entre ríos, coas súas paisaxes marcadas polas correntes fluviais. Así, o principal rasgo da paisaxe xeográfica cruceña ven dado polo encaixamento da rede fluvial. No seu discorrer as augas, adaptadas á tectónica, orixinan fermosos entornos naturais. Destacan, as riberas do Arnego e do Deza, no seu tramo dende Fontao a Merza. Alí os microclimas locais favorecen unha rica vexetación ripícola: sobreira, freixo, albedro, etc. ó igual ca no entorno do Encoro de Portodemouros.
Esta singular beleza das paraxes cruceñas e a infraestructura en materia turística converten ó municipio no lugar ideal para os amantes dos deportes náuticos tales como remo, vela, piragüismo ou esquí acuático (Portodemouros), da práctica do senderismo, ou de pernoctar en casas de turismo rural ou no Balneario da Brea. A oferta compleméntase con numerosas áreas recreativas: Gres, Carixa, Obra e Toiriz, todas elas dotadas de elementos básicos : mesas, asentos, asadores, e zonas de recreo para os máis pequenos.
En Fontao sobresaen os restos das antigas minas de wolframio, de gran interese histórico, que se mesturan coa paisaxe rochosa e salvaxe da zona, adornadas coa conservación dunha ponte romana, “A Ponte do Demo”, sendo un marco habitual para a rodaxe de películas.
Patrimonio
Eclesiástico
Señorial
Etnográfico
Arqueolóxico
Cultura
Festas
Festas gastronómicas nas que se promoven produtos típicos do Concello son a FEIRA DO CHOURIZO no mes de febreiro e a FEIRA DA CASTAÑA no mes de novembro, nas que se celebran importantes degustacións. Outras festas gastronómicas son : FESTA DOS CALLOS en Piloño.
Actualmente, estas conseguiron que Vila de Cruces fose recoñecida pola Comunidade Europea como PATRIMONIO GASTRONÓMICO que promove os productos locais e cociña tradicional galega.
Gastronomía
O produto estrela da gastronomía de Vila de Cruces é o Galo de Curral en torno ao que se vén celebrando nos últimos anos unha importante festa gastronómica declarada de interés Turístico Galego.
Tradicionalmente os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo, trigo, verzas e herbas. Este sistema de crianza fai que a súa carne acade uns altísimos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.
Recollendo esta tradición no ano 1992 o Concello de Vila de Cruces creou a FESTA GASTRONÓMICA DO GALO DE CURRAL que ao longo das súas edicións foi medrando en fama e popularidade, asistindo gran cantidade de público a degustar o producto, así como a presenciar os actos culturales e lúdicos que acompañan a festa. O galo de Curral pode ser degustado durante todo o ano nos restaurantes de Vila de Cruces, e pódense adquirir galos vivos ou sacrificados a través da Asociación de Criadores (teléfono 986 532 385), ou na FEIRA DO NADAL DO GALO DE CURRAL que se celebra o 22 de Decembro.



