Adhesión ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración do Estado - FACe
Por Decreto de Alcaldía de data 7 de xaneiro de 2014 acordouse a adhesión deste Concello ó Punto Xeral de Entrada de FActuras Electrónicas da Administración do Estado – FACe, o que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido na Disposición Adicional sexta da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público.
Faise público que a partir do 15 de xaneiro de 2015 (incluido) os proveedores deste Concello estarán obrigados a presentar factura electrónica a través do FACe, agás as facturas cuxo importe (IVE engadido) sexa de ata 5.000,00 €, as cales quedan excluídas da obriga de facturación electrónica.
Nas facturas emitidas ó Concello de Vila de Cruces deberá facerse referencia ás seguintes unidades administrativas:
- Oficina Contable: L01360596 Intervención
- Órganos Xestor: L01360596 Alcaldía
- Unidade de Tramitación: L01360596 Intervención