O vindeiro sábado 16 de setembro, o Concello de Vila de Cruces organiza, no marco do programa Goza do Ulla, unha ruta de sendeirismo fluvial, dende as insuas de Gres ata Remesquide.
Ás 09:00 sairá da praza do Concello un autobús gratuíto, previa inscrición, en dirección a Gres, onde iniciaremos a ruta, aproximadamente, ás 9 e media.
O prazo para anotarse finaliza o 14 de setembro. As fichas de inscrición están dispoñibles na web e no concello. As solicitudes poden rexistrarse a través da sede electrónica, de maneira presencial ou enviando un correo electrónico a noemi.lois@viladecruces.es
Ante calquera cuestión, non dubidedes en contactarnos. Agardámosvos!