Primeiro. Obxecto.
Convocar un concurso de tarxetas de nadal para seleccionar a que envíe a Corporación Municipal para felicitar o nadal ós veciños.
Segundo. Beneficiarios:
Poderán participar tódolos/as alumnos/as dos colexios e do IES de Vila de Cruces.
Terceiro. Importe
Os premios financiaranse con cargo á partida 338.48 e consistirán en regalos e serán os seguintes:
- Premio á postal gañadora: por valor de 60 euros.
- Catro accesits por valor de 35 euros cada un: que premiarán á mellor postal de cada un dos colexios e do IES.
Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para a elaboración das tarxetas será ata o 2 de decembro de 2020.
Sexto. Outros datos.
O tema será unha representación do nadal.
A técnica será libre, deberán ser realizadas manualmente e non se admitirán deseños feitos por ordenador.
Na parte de atrás das postais figurará o nome e apelidos do autor, enderezo, teléfono, curso, colexio ó que pertence e idade.
Imponse aos participantes a cesión gratuita dos dereitos de explotación nos termos previstos no artigo 48 e seguintes do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, reservándose o Concello de Vila de Cruces o dereito a utilizar os traballos premiados en futuras edicións ou actividades con fins promocionais.
As tarxetas serán expostas no Auditorio Municipal Xosé Casal.
A decisión do xurado será inapelable, e os concursantes polo feito de concursar aceptan as presentes bases.
O xurado poderá declarar deserto un ou máis premios no caso de considerar que ningún dos traballos presentados reúnan os méritos suficientes para ser premiados.
Os premios entregaranse na data que estableza o Concello tendo en conta a evolución da pandemia por Covid-19.