A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Vila de Cruces unha subvención de 8.400€ en concepto de gastos correntes e de 4.400€ para investimentos, solicitada a través da convocatoria de axudas básicas de emerxencia nos servizos sociais comunitarios para o ano 2024 (BOPPO Nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).
O obxectivo de ditas axudas é o de proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade da cidadanía do concello que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo, ademais de dar resposta a situacións de grave emerxencia.
Para recibir máis información sobre as axudas de emerxencia así como os requisitos de acceso ás mesmas, as veciñas e veciños poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.